CONSUL é unha plataforma de participación cidadá

Esta guía explica para que serven e como funcionan cada unha das seccións de CONSUL.

Temas

Na sección de temas cidadáns podes expoñer e compartir a túa opinión con outras persoas sobre temas que che preocupan relacionados co destino. Tamén é un espazo onde xerar ideas que a través das outras seccións de CONSUL leven a actuacións concretas por parte do Consorcio.

  • Podes abrir temas, comentalos e valoralos cos botóns de estou de acordo ou non estou de acordo. Para iso tes que rexistrarte en CONSUL.
Botóns para avaliar os temas
Botóns "estou de acordo" e "non estou de acordo" para avaliar os temas.