Axuda Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Podes aliñar as túas aportacións á comunidade (temas, propostas cidadás e proxectos de inversión) cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, isto permitiranos ter unha visión xeral da nosa aportación en cada uno dos obxectivos de desenvolvemento sostible. A continuación podes informarte de todos os obxectivos, as súas metas e as metas localizadas.

1. Fin da pobreza

Poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.

1.1
Para 2030, erradicar a pobreza extrema para tódalas persoas no mundo, actualmente medida por un ingreso por persoa inferior a 1,25 dólares ao día.
1.2
Para 2030, reducir cando menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos e nenas de tódalas idades que viven na pobreza en tódalas súas dimensións con arranxo ás definicións nacionais.
1.3
Poñer en práctica a nivel nacional sistemas e medidas apropiadas de protección social para todos e, para 2030, lograr unha ampla cobertura dos pobres e os máis vulnerables.
1.4
Para 2030, garantir que todos os homes e mulleres, en particular os pobres e os máis vulnerables, teñan os mesmos dereitos aos recursos económicos, así como acceso aos servizos básicos, a propiedade e o control das terras e outros bens, a herdanza, os recursos naturais, as novas tecnoloxías e os servizos económicos, incluída a microfinanciación.
1.5
Para 2030, fomentar a resiliencia dos pobres e das persoas que se atopan en situacións vulnerables e reducir a súa exposición e vulnerabilidade aos fenómenos extremos relacionados co clima e a outros desastres económicos, sociais e ambientais.
1.A
Garantir unha mobilización importante de recursos procedentes de diversas fontes, incluso mediante a mellora da cooperación para o desenvolvemento, a fin de proporcionar medios suficientes e previsibles para os países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, para poñer en práctica programas e políticas encamiñados a poñer fin á pobreza en tódalas súas dimensións.
1.B
Crear marcos normativos sólidos no ámbito nacional, rexional e internacional, sobre a base de estratexias de desenvolvemento en favor dos pobres que teñan en conta as cuestións de xénero, a fin de apoiar a inversión acelerada en medidas para erradicar a pobreza.
Este obxectivo non ten metas localizadas

2. Fame Cero

Poñer fin á fame.

2.1
Para 2030, poñer fin á fame e asegurar o acceso de tódalas persoas, en particular os pobres e as persoas en situacións vulnerables, incluídos os lactantes, a unha alimentación sa, nutritiva e suficiente durante todo o ano.
2.2
Para 2030, poñer fin a tódalas formas de malnutrición, incluso logrando, a máis tardar en 2025, as metas convidas internacionalmente sobre o retraso do crecemento e a emaciación dos nenos menores de 5 anos, e abordar as necesidades de nutrición das adolescentes, as mulleres embarazadas e lactantes e as persoas de idade.
2.3
Para 2030, duplicar a produtividade agrícola e os ingresos dos produtores de alimentos en pequena escala, en particular as mulleres, os pobos indíxenas, os agricultores familiares, os pastores e os pescadores, entre outras cousas mediante un acceso seguro e equitativo ás terras, a outros recursos de produción e insumos, coñecementos, servizos financeiros, mercados e oportunidades para a xeración de valor engadido e empregos non agrícolas.
2.4
Para 2030, asegurar a sostibilidade dos sistemas de produción de alimentos e aplicar prácticas agrícolas resilientes que aumenten a produtividade e a produción, contribúan ao mantemento dos ecosistemas, fortalezan a capacidade de adaptación ao cambio climático, os fenómenos meteorolóxicos extremos, as secas, as inundacións e outros desastres, e melloren progresivamente a calidade do chan e a terra.
2.5
Para 2030, manter a diversidade xenética das sementes, as plantas cultivadas e os animais de granxa e domesticados e as súas especies silvestres conexas, entre outras cousas mediante unha boa xestión e diversificación dos bancos de sementes e plantas a nivel nacional, rexional e internacional, e promover o acceso aos beneficios que se deriven da utilización dos recursos xenéticos e os coñecementos tradicionais e a súa distribución xusta e equitativa, como acordou internacionalmente.
2.A
Aumentar as inversións, incluso mediante unha maior cooperación internacional, na infraestrutura rural, a investigación agrícola e os servizos de extensión, o desenvolvemento tecnolóxico e os bancos de xenes de plantas e gando a fin de mellorar a capacidade de produción agrícola nos países en desenvolvemento, en particular nos países menos adiantados.
2.B
Corrixir e previr as restricións e distorsións comerciais nos mercados agropecuarios mundiais, entre outras cousas mediante a eliminación paralela de tódalas formas de subvencións ás exportacións agrícolas e tódalas medidas de exportación con efectos equivalentes, de conformidade co mandato da Ronda de Doha para o Desenvolvemento.
2.C
Adoptar medidas para asegurar o bo funcionamento dos mercados de produtos básicos alimentarios e os seus derivados e facilitar o acceso oportuno a información sobre os mercados, en particular sobre as reservas de alimentos, a fin de axudar a limitar a extrema volatilidade dos prezos dos alimentos.
Este obxectivo non ten metas localizadas

3. Saúde e Benestar

Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en tódalas idades.

3.1
Para 2030, reducir a taxa mundial de mortalidade materna a menos de 70 por cada 100.000 nacidos vivos.
3.2
Para 2030, poñer fin ás mortes evitables de recén nacidos e de nenos menores de 5 anos, logrando que tódolos países intenten reducir a mortalidade neonatal cando menos ata 12 por cada 1.000 nacidos vivos, e a mortalidade de nenos menores de 5 anos cando menos ata 25 por cada 1.000 nacidos vivos.
3.3
Para 2030, poñer fin ás epidemias do SIDA, a tuberculose, a malaria e as enfermidades tropicais desatendidas e combater a hepatite, as enfermidades transmitidas pola auga e outras enfermidades transmisibles.
3.4
Para 2030, reducir nun terzo a mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles mediante a prevención e o tratamento e promover a saúde mental e o benestar.
3.5
Fortalecer a prevención e o tratamento do abuso de sustancias aditivas, incluído o uso indebido de estupefacientes e o consumo nocivo de alcohol.
3.6
Para 2030, reducir á metade o número de mortes e lesións causadas por accidentes de tráfico no mundo.
3.7
Para 2030, garantir o acceso universal aos servizos de saúde sexual e reprodutiva, incluídos os de planificación da familia, información e educación, e a integración da saúde reprodutiva nas estratexias e os programas nacionais.
3.8
Lograr a cobertura sanitaria universal, en particular a protección contra os riscos financeiros, o acceso a servizos de saúde esenciais de calidade e o acceso a medicamentos e vacinas seguras, eficaces, alcanzables e de calidade para todos.
3.9
Para 2030, reducir substancialmente o número de mortes e enfermidades producidas por produtos químicos perigosos e a contaminación do aire, a auga e o chan.
3.A
Fortalecer a aplicación do Convenio Marco da Organización Mundial da Saúde para o Control do Tabaco en tódolos países, segundo proceda.
3.B
Apoiar as actividades de investigación e desenvolvemento de vacinas e medicamentos para as enfermidades transmisibles e non transmisibles que afectan primordialmente aos países en desenvolvemento e facilitar o acceso a medicamentos e vacinas esenciais alcanzables de conformidade coa Declaración de Doha relativa ao Acordo sobre os ADPIC e a Saúde Pública, na que se afirma o dereito dos países en desenvolvemento a utilizar ao máximo as disposicións do Acordo sobre os Aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual Relacionados co Comercio no relativo á flexibilidade para protexer a saúde pública e, en particular, proporcionar acceso aos medicamentos para todos.
3.C
Aumentar substancialmente a financiación da saúde e a contratación, o desenvolvemento, a capacitación e a retención do persoal sanitario nos países en desenvolvemento, especialmente nos países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento.
3.D
Reforzar a capacidade de tódolos países, en particular os países en desenvolvemento, en materia de alerta temperá, redución de riscos e xestión dos riscos para a saúde nacional e mundial.
Este obxectivo non ten metas localizadas

4. Educación de Calidade

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos.

4.1
De aquí a 2030, asegurar que todas as nenas e todos os nenos terminna ensinanza primaria e secundaria, que debe ser gratuíta, equitativa e de calidade e producir resultados de aprendizaxe pertinentes e efectivos.
4.2
De aquí a 2030, asegurar que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e educación preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para a ensinanza primaria.
4.3
De aquí a 2030, asegurar o acceso igualitario de todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluída a ensinanza universitaria.
4.4
De aquí a 2030, aumentar considerablemente o número de mozos e adultos que teñnas competencias necesarias, en particular técnicas e profesionais, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento.
4.5
De aquí a 2030, eliminar as disparidades de xénero na educación e asegurar o acceso igualitario a tódolos niveis da ensinanza e a formación profesional para as persoas vulnerables, incluídas as persoas con discapacidadee, os pobos indíxenas e os nenos en situacións de vulnerabilidade.
4.6
De aquí a 2030, asegurar que todos os mozos e unha proporción considerable dos adultos, tanto homes como mulleres, estean alfabetizados e teñan nocións elementais de aritmética.
4.7
De aquí a 2030, asegurar que todos os alumnos adquiran os coñecementos teóricos e prácticos precisos para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida sostibles, os dereitos humans, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible.
4.A
Construír e adecuar instalacións educativas que teñan en conta as necesidades dos nenos e as persoas con discapacidade e as diferenzas de xénero, e que ofrezan contornas de aprendizaxe seguras, non violentas, inclusivas e eficaces para todos.
4.B
De aquí a 2020, aumentar considerablemente a nivel mundial o número de becas dispoñibles para os países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países africanos, a fin de que os seus estudantes poidan matricularse en programas de ensinanza superior, incluídos programas de formación profesional e programas técnicos, científicos, de enxeñería e de tecnoloxía da información e as comunicacións, de países desenvolvidos e outros países en desenvolvemento.
4.C
De aquí a 2030, aumentar considerablemente a oferta de docentes cualificados, incluso mediante a cooperación internacional para a formación de docentes nos países en desenvolvemento, especialmente os países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento.
Este obxectivo non ten metas localizadas

5. Igualdade de Xénero

Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a tódalas mulleres e as nenas.

5.1
Poñer fin a tódalas formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo.
5.2
Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual e outros tipos de explotación.
5.3
Eliminar tódalas prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina.
5.4
Recoñecer e valorar os coidados e o traballo doméstico non remunerados mediante servizos públicos, infraestruturas e políticas de protección social, e promovendo a responsabilidade compartida no fogar e a familia, segundo proceda en cada país.
5.5
Asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a tódolos niveis decisorios na vida política, económica e pública.
5.6
Asegurar o acceso universal á saúde sexual e reprodutiva e os dereitos reprodutivos segundo o acordado de conformidade co Programa de Acción da Conferencia Internacional sobre a Poboación e o Desenvolvemento, a Plataforma de Acción de Beijing e os documentos finais das súas conferencias de exame.
5.A
Emprender reformas que outorguen ás mulleres igualdade de dereitos aos recursos económicos, así como acceso á propiedade e ao control da terra e outros tipos de bens, os servizos financeiros, a herdanza e os recursos naturais, de conformidade coas leis nacionais.
5.B
Mellorar o uso da tecnoloxía instrumental, en particular a tecnoloxía da información e as comunicacións, para promover o empoderamento das mulleres.
5.C
Aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables para promover a igualdade de xénero e o empoderamento de tódalas mulleres e as nenas a todos os niveis.
Este obxectivo non ten metas localizadas

6. Auga Limpa e Saneamento

Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos.

6.1
De aquí a 2030, lograr o acceso universal e equitativo á auga potable a un prezo alcanzable para todos.
6.2
De aquí a 2030, lograr o acceso a servizos de saneamento e hixiene axeitados e equitativos para todos e poñer fin á defecación ao aire libre, prestando especial atención ás necesidades das mulleres e as nenas e as persoas en situacións de vulnerabilidade.
6.3
De aquí a 2030, mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación, eliminando as verteduras e minimizando a emisión de produtos químicos e materiais perigosos, reducindo á metade a porcentaxe de augas residuais sen tratar e aumentando considerablemente o reciclado e a reutilización sen riscos a nivel mundial.
6.4
De aquí a 2030, aumentar considerablemente o uso eficiente dos recursos hídricos en tódolos sectores e asegurar a sostibilidade da extracción e o abastecemento de auga doce para facer fronte á escaseza de auga e reducir considerablemente o número de persoas que sofren falta de auga.
6.5
De aquí a 2030, implementar a xestión integrada dos recursos hídricos a tódolos niveis, incluso mediante a cooperación transfronteiriza, segundo proceda.
6.6
De aquí a 2030, protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga, incluídos os bosques, as montañas, os humedais, os ríos, os acuíferos e os lagos.
6.A
De aquí a 2030, ampliar a cooperación internacional e o apoio prestado aos países en desenvolvemento para a creación de capacidade nactividades e programas relativos á auga e o saneamento, como os de captación de auga, desalinización, uso eficiente dos recursos hídricos, tratamento de augas residuais, reciclado e tecnoloxías de reutilización.
6.B
Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.
Este obxectivo non ten metas localizadas

7. Enerxía Alcanzable e Non Contaminante

Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna.

7.1
De aquí a 2030, garantir o acceso universal a servizos enerxéticos alcanzables, fiables e modernos.
7.2
De aquí a 2030, aumentar considerablemente a proporción de enerxía renovable no conxunto de fontes enerxéticas.
7.3
De aquí a 2030, duplicar a taxa mundial de mellora da eficiencia enerxética.
7.A
De aquí a 2030, aumentar a cooperación internacional para facilitar o acceso á investigación e a tecnoloxía relativas á enerxía limpa, incluídas as fontes renovables, a eficiencia enerxética e as tecnoloxías avanzadas e menos contaminantes de combustibles fósiles, e promover a inversión en infraestrutura enerxética e tecnoloxías limpas.
7.B
De aquí a 2030, ampliar a infraestrutura e mellorar a tecnoloxía para prestar servizos enerxéticos modernos e sostibles para todos nos países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países en desenvolvemento sen litoral, en consonancia cos seus respectivos programas de apoio.
Este obxectivo non ten metas localizadas

8. Traballo Decente e Crecemento Económico

Promover o crecemento económico inclusivo e sostible, o emprego e o traballo decente para todos.

8.1
Manter o crecemento económico per cápita de conformidade coas circunstancias nacionais e, en particular, un crecemento do produto interno bruto de cando menos o 7% anual nos países menos adiantados.
8.2
Lograr niveles máis elevados de produtividade económica mediante a diversificación, a modernización tecnolóxica e a innovación, entre outras cosas centrándose nos sectores con gran valor engadido e un uso intensivo da man de obra.
8.3
Promover políticas orientadas ao desenvolvemento que apoien as actividades produtivas, a creación de postos de traballo decentes, o emprendemento, a creatividade e a innovación, e fomentar a formalización e o crecemento das microempresas e as pequenas e medianas empresas, incluso mediante o acceso a servizos financeiros.
8.4
Mellorar progresivamente, de aquí a 2030, a produción e o consumo eficientes dos recursos mundiais e procurar desvincular o crecemento económico da degradación do medio ambiente, conforme ao Marco Decenal de Programas sobre modalidades de Consumo e Produción Sostibles, empezando polos países desenvolvidos.
8.5
De aquí a 2030, lograr o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para tódalas mulleres e os homes, incluídos os mozos e as persoas con discapacidade, así como a igualdade de remuneración por traballo de igual valor.
8.6
De aquí a 2030, reducir considerablemente a proporción de mozos que non están empregados e non cursan estudios nin reciben capacitación.
8.7
Adoptar medidas inmediatas e eficaces para erradicar o traballo forzoso, poñer fin ás formas contemporáneas de escravitude e a trata de persoas e asegurar a prohibición e eliminación das peores formas de traballo infantil, incluídos o recrutamento e a utilización de nenos soldados, e, de aquí a 2025, poñer fin ao traballo infantil en tódalas súas formas.
8.8
Protexer os dereitos laborais e promover un entorno de traballo seguro e sen riscos para tódolos traballadores, incluídos os traballadores migrantes, en particular as mulleres migrantes e as persoas con empregos precarios.
8.9
De aquí a 2030, elaborar e poñer en práctica políticas encamiñadas a promover un turismo sostible que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
8.10
Fortalecer a capacidade das institucións financeiras nacionais para fomentar e ampliar o acceso a os servizos bancarios, financeiros e de seguros para todos.
8.A
Aumentar o apoio á iniciativa de axuda para o comercio nos países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, incluso mediante o Marco Integrado Mellorado para a Asistencia Técnica aos Países Menos Adiantados en Materia de Comercio.
8.B
De aquí a 2020, desenvolver e poñer en marcha unha estratexia mundial para o emprego dos mozos e aplicar o Pacto Mundial para o Emprego da Organización Internacional do Traballo.
Este obxectivo non ten metas localizadas

9. Industria, Innovación e Infraestruturas

Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización sostible e fomentar a innovación.

9.1
Desenvolver infraestruturas fiables, sostibles, resilientes e de calidade, incluídas infraestruturas rexionais e transfronteirizas, para apoiar o desenvolvemento económico e o benestar humano, facendo especial fincapé no acceso alcanzable e equitativo para todos.
9.2
Promover unha industrialización inclusiva e sostible e, de aquí a 2030, aumentar significativamente a contribución da industria ao emprego e ao produto interno bruto, de acordo coas circunstancias nacionais, e duplicar esa contribución nos países menos adiantados.
9.3
Aumentar o acceso das pequenas industrias e outras empresas, particularmente nos países en desenvolvemento, a os servizos financeiros, incluídos créditos alcanzables, e a súa integración nas cadeas de valor e os mercados.
9.4
De aquí a 2030, modernizar a infraestrutura e reconverter as industrias para que sexan sostibles, utilizando os recursos con maior eficacia e promovendo a adopción de tecnoloxías e procesos industriais limpos e ambientalmente racionais, e logrando que todos os países tomen medidas de acordo coas súass capacidades respectivas.
9.5
Aumentar a investigación científica e mellorar a capacidade tecnolóxica dos sectores industriales de todos os países, en particular os países en desenvolvemento, entre outras cosas fomentando a innovación e aumentando considerablemente, de aquí a 2030, o número de persoas que traballan en investigación e desenvolvemento por millón de habitantes e os gastos dos sectores público e privado en investigación e desenvolvemento.
9.A
Facilitar o desenvolvemento de infraestruturas sostibles e resilientes nos países en desenvolvemento mediante un maior apoio financeiro, tecnolóxico e técnico aos países africanos, os países menos adiantados, os países en desenvolvemento sen litoral e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento.
9.B
Apoiar o desenvolvemento de tecnoloxías, a investigación e a innovación nacionais nos países en desenvolvemento, incluso garantindo un entorno normativo propicio á diversificación industrial e a adición de valor aos produtos básicos, entre outras cosas.
9.C
Aumentar significativamente o acceso á tecnoloxía da información e as comunicacións e esforzarse por proporcionar acceso universal e alcanzable a Internet nos países menos adiantados de aquí a 2030.
Este obxectivo non ten metas localizadas

10. Redución das Desigualdades

Reducir a desigualdade en e entre os países.

10.1
De aquí a 2030, lograr progresivamente e manter o crecemento dos ingresos do 40% máis pobre da poboación a unha taxa superior á media nacional.
10.2
De aquí a 2030, potenciar e promover a inclusión social, económica e política de tódalas persoas, independentemente da súa idade, sexo, discapacidade, raza, etnia, orixe, relixión ou situación económica ou outra condición.
10.3
Garantir a igualdade de oportunidades e reducir a desigualdade de resultados, incluso eliminando as leis, políticas e prácticas discriminatorias e promovendo lexislacións, políticas e medidas axeitadas a ese respecto.
10.4
Adoptar políticas, especialmente fiscais, salariais e de protección social, e lograr progresivamente unha maior igualdade.
10.5
Mellorar a regulamentación e vixilancia das institucións e os mercados financeiros mundiais e fortalecer a aplicación de eses regulamentos.
10.6
Asegurar unha maior representación e intervención dos países en desenvolvemento nas decisións adoptadas polas institucións económicas e financeiras internacionais para aumentar a eficacia, fiabilidade, rendición de contas e lexitimidade desas institucións.
10.7
Facilitar a migración e a mobilidade ordenadas, seguras, regulares e responsables das persoas, incluso mediante a aplicación de políticas migratorias planificadas e ben xestionadas.
10.A
Aplicar o principio do trato especial e diferenciado para os países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, de conformidade cos acordos da Organización Mundial do Comercio.
10.B
Fomentar a asistencia oficial para o desenvolvemento e as correntes financeiras, incluída a inversión estranxeira directa, para os Estados con maiores necesidades, en particular os países menos adiantados, os países africanos, os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países en desenvolvemento sen litoral, en consonancia cos seus planes e programas nacionais.
10.C
De aquí a 2030, reducir a menos do 3% os costos de transacción das remesas dos migrantes e eliminar os corredores de remesas cun costo superior ao 5%.
Este obxectivo non ten metas localizadas

11. Cidades e Comunidades Sostibles

Lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.

11.1
De aquí a 2030, asegurar o acceso de tódalas persoas a vivendas e servizos básicos axeitados, seguros e alcanzables e mellorar os barrios marxinais.
11.2
De aquí a 2030, proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sostibles para todos e mellorar a seguridade viaria, en particular mediante a ampliación do transporte público, prestando especial atención ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade, as mulleres, os nenos, as persoas con discapacidade e as persoas de idade.
11.3
De aquí a 2030, aumentar a urbanización inclusiva e sostible e a capacidade para a planificación e a xestión participativas, integradas e sostibles dos asentamentos humanos en todos os países.
11.4
Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo.
11.5
De aquí a 2030, reducir significativamente o número de mortes causadas polos desastres, incluídos os relacionados coa auga, e de persoas afectadas por eles, e reducir considerablemente as perdas económicas directas provocadas polos desastres en comparación co produto interno bruto mundial, facendo especial fincapé na protección dos pobres e as persoas en situacións de vulnerabilidade.
11.6
De aquí a 2030, reducir o impacto ambiental negativo per cápita das cidades, incluso prestando especial atención á calidade do aire e a xestión dos residuos municipais e doutro tipo.
11.7
De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesibles, en particular para as mulleres e os nenos, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.
11.A
Apoiar os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais fortalecendo a planificación do desenvolvemento nacional e rexional.
11.B
De aquí a 2020, aumentar considerablemente o número de cidades e asentamentos humanos que adoptan e implementan políticas e plans integrados para promover a inclusión, o uso eficiente dos recursos, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el e a resiliencia ante os desastres, e desenvolver e poñer en práctica, en consonancia con o Marco de Sendai para a Redución do Risco de Desastres 2015-2030, a xestión integral dos riscos de desastre a todos os niveles.
11.C
Proporcionar apoio aos países menos adiantados, incluso mediante asistencia financeira e técnica, para que poidan construír edificios sostibles e resilientes utilizando materiais locais.
Este obxectivo non ten metas localizadas

12. Produción e Consumo Responsables

Garantir modalidades de consumo e produción sostibles.

12.1
Aplicar o Marco Decenal de Programas sobre Modalidades de Consumo e Produción Sostibles, coa participación de tódolos países e baixo o liderado dos países desenvolvidos, tendo en conta o grado de desenvolvemento e as capacidades dos países en desenvolvemento.
12.2
De aquí a 2030, lograr a xestión sostible e o uso eficiente dos recursos naturais.
12.3
De aquí a 2030, reducir á metade o desperdicio de alimentos per cápita mundial na venta ao por menor e a nivel dos consumidores e reducir as perdas de alimentos nas cadeas de produción e subministro, incluídas as perdas posteriores á colleita.
12.4
De aquí a 2030, lograr a xestión ecolóxicamente racional dos produtos químicos e de tódolos ciscallos ao longo do seu ciclo de vida, de conformidade cos marcos internacionais convidos, e reducir significativamente a súa liberación á atmosfera, a auga e o chan a fin de minimizar os seus efectos adversos na saúde humana e o medio ambiente.
12.5
De aquí a 2030, reducir considerablemente a xeración de ciscallos mediante actividades de prevención, redución, reciclado e reutilización.
12.6
Alentar a as empresas, en especial as grandes empresas e as empresas transnacionais, a que adopten prácticas sostibles e incorporen información sobre a sostibilidade no seu ciclo de presentación de informes.
12.7
Promover prácticas de adquisición pública que sexan sostibles, de conformidade coas políticas e prioridades nacionais.
12.8
De aquí a 2030, asegurar que as persoas de todo o mundo teñan a información e os coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida en harmonía coa natureza.
12.A
Axudar aos países en desenvolvemento a fortalecer a súa capacidade científica e tecnolóxica para avanzar car modalidades de consumo e produción máis sostibles.
12.B
Elaborar e aplicar instrumentos para vixiar os efectos no desenvolvemento sostible, a fin de lograr un turismo sostible que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
12.C
Racionalizar os subsidios ineficientes a os combustibles fósiles que fomentan o consumo antieconómico eliminando as distorsións do mercado, de acordo coas circunstancias nacionais, incluso mediante a reestruturación dos sistemas tributarios e a eliminación gradual dos subsidios prexudiciais, cando existan, para reflexar o seu impacto ambiental, tendo plenamente en conta as necesidades e condicións específicas dos países en desenvolvemento e minimizando os posibles efectos adversos no seu desenvolvemento, de maneira que se protexa aos pobres e ás comunidades afectadas.
Este obxectivo non ten metas localizadas

13. Acción Polo Clima

Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

13.1
Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais en tódolos países.
13.2
Incorporar medidas relativas ao cambio climático nas políticas, estratexias e plans nacionais.
13.3
Mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación a el, a redución dos seus efectos e a alerta temperá.
13.A
Cumplir o compromiso dos países desenvolvidos que son partes na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de lograr para o ano 2030 o obxectivo de mobilizar conxuntamente 100.000 millóns de dólares anuais procedentes de tódalas fontes a fin de atender as necesidades dos países en desenvolvemento respecto da adopción de medidas concretas de mitigación e a transparencia da súa aplicación, e poñer en pleno funcionamento o Fondo Verde para o Clima capitalizándoo o antes posible.
13.B
Promover mecanismos para aumentar a capacidade para a planificación e xestión eficaces en relación co cambio climático nos países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento, facendo particular fincapé nas mulleres, os mozos e as comunidades locais e marxinadas.
Este obxectivo non ten metas localizadas

14. Vida Submarina

Conservar e utilizar sostiblemente os océanos, os mares e os recursos mariños.

14.1
De aquí a 2025, previr e reducir significativamente a contaminación mariña de todo tipo, en particular a producida por actividades realizadas en terra, incluídos os detritos mariños e a polución por nutrintes.
14.2
De aquí a 2020, xestionar e protexer sostiblemente os ecosistemas mariños e costeiros para evitar efectos adversos importantes, incluso fortalecendo a súa resiliencia, e adoptar medidas para restauralos a fin de restablecer a saúde e a produtividade dos océanos.
14.3
Minimizar e abordar os efectos da acidificación dos océanos, incluso mediante unha maior cooperación científica a tódolos niveis.
14.4
De aquí a 2030, regulamentar eficazmente a explotación pesqueira e poñer fin á pesca excesiva, á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e as prácticas pesqueiras destrutivas, e aplicar plans de xestión con fundamento científico a fin de restablecer as poboacións de peces no prazo máis breve posible, ao menos alcanzando niveis que poidan producir o máximo rendemento sostible de acordo coas súas características biolóxicas.
14.5
De aquí a 2030, conservar ao menos o 10% das zonas costeiras e mariñas, de conformidade coas leis nacionais e o dereito internacional e sobre a base da mellor información científica dispoñible.
14.6
De aquí a 2030, prohibir certas formas de subvencións á pesca que contribúan a sobrecapacidade e a pesca excesiva, eliminar as subvencións que contribúan á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e absterse de introducir novas subvencións desa índole, recoñecendo que a negociación sobre as subvencións á pesca no marco da Organización Mundial do Comercio debe incluír un trato especial e diferenciado, apropiado e efectivo para os países en desenvolvemento e os países menos adiantados ¹ (¹ Tendo en conta as negociacións en curso da Organización Mundial do Comercio, o Programa de Doha para o Desenvolvemento e o mandato da Declaración Ministerial de Hong Kong).
14.7
De aquí a 2030, aumentar os beneficios económicos que os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países menos adiantados obteñen do uso sostible dos recursos mariños, en particular mediante a xestión sostible da pesca, a acuicultura e o turismo.
14.A
Aumentar os coñecementos científicos, desenvolver a capacidade de investigación e transferir tecnoloxía mariña, tendo en conta os Criterios e Directrices para a Transferencia de Tecnoloxía Mariña da Comisión Oceanográfica Intergobernamental, a fin de mellorar a saúde dos océanos e potenciar a contribución da biodiversidade mariña ao desenvolvemento dos países en desenvolvemento, en particular os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países menos adiantados.
14.B
Facilitar o acceso dos pescadores artesanais aos recursos mariños e os mercados.
14.C
Mellorar a conservación e o uso sostible dos océanos e os seus recursos aplicando o dereito internacional reflexado na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, que constitúe o marco xurídico para a conservación e a utilización sostible dos océanos e os seus recursos, como se recorda no paragrafo 158 do documento “O futuro que queremos”.
Este obxectivo non ten metas localizadas

15. Vida de Ecosistemas Terrestres

Xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras, deter a perda de biodiversidade.

15.1
Para 2030, velar pola conservación, o restablecemento e o uso sostible dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan, en particular os bosques, os humedais, as montañas e as zonas áridas, en consonancia coas obrigas contraídas en virtude de acordos internacionais.
15.2
Para 2030, promover a xestión sostible de tódolos tipos de bosques, poñer fin á deforestación, recuperar os bosques degradados e incrementar a forestación e a reforestación a nivel mundial.
15.3
Para 2030, combater a desertización, restaurando terras e chans degradados, incluíndo terras afectadas pola desertización, secas e inundacións, e loitar para alcanzar un mundo neutral na degradación das terras.
15.4
Para 2030, velar pola conservación dos ecosistemas montañosos, incluída a súa diversidade biolóxica, a fin de mellorar a súa capacidade de proporcionar beneficios esenciais para o desenvolvemento sostible.
15.5
Adoptar medidas urxentes e significativas para reducir a degradación dos hábitats naturais, deter a perda da diversidade biolóxica e, para 2020, protexer as especies ameazadas e evitar a súa extinción.
15.6
Promover a participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización dos recursos xenéticos e promover o acceso axeitado a eses recursos, como se acordou internacionalmente.
15.7
Adoptar medidas urxentes para poñer fin á caza furtiva e o tráfico de especies protexidas de flora e fauna e abordar a demanda e a oferta ilegais de produtos silvestres.
15.8
Para 2030, adoptar medidas para prever a introdución de especies exóticas invasoras e reducir de forma significativa os seus efectos nos ecosistemas terrestres e acuáticos e controlar ou erradicar as especies prioritarias.
15.9
Para 2030, integrar os valores dos ecosistemas e a diversidade biolóxica na planificación nacional e local, os procesos de desenvolvemento, as estratexias de redución da pobreza e a contabilidade.
15.A
Mobilizar e aumentar de maneira significativa os recursos financeiros procedentes de tódalas fontes para conservar e utilizar de forma sostible a diversidade biolóxica e os ecosistemas.
15.B
Mobilizar un volume apreciable de recursos procedentes de tódalas fontes e a tódolos niveis para financiar a xestión forestal sostible e proporcionar incentivos axeitados aos países en desenvolvemento para que promovan dita xestión, en particular con miras á conservación e a reforestación.
15.C
Aumentar o apoio mundial á loita contra a caza furtiva e o tráfico de especies protexidas, en particular aumentando a capacidade das comunidades locais para promover oportunidades de subsistencia sostibles.
Este obxectivo non ten metas localizadas

16. Paz, Xustiza e Institucións Sólidas

Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.

16.1
Reducir significativamente tódalas formas de violencia e as correspondentes taxas de mortalidade en todo o mundo.
16.2
Poñer fin ao maltrato, a explotación, a trata e todas as formas de violencia e tortura contra os nenos.
16.3
Promover o estado de dereito nos planos nacional e internacional e garantir a igualdade de acceso á xustiza para todos.
16.4
Para 2030, reducir significativamente as correntes financeiras e de armas ilícitas, fortalecer la recuperación e devolución de activos roubados e combater tódalas formas de crime organizado.
16.5
Reducir considerablemente a corrupción e o suborno en tódalas súas formas.
16.6
Crear a tódolos niveis institucións eficaces e transparentes que rendan contas.
16.7
Garantir a adopción en tódolos niveis de decisións inclusivas, participativas e representativas que respondan ás necesidades.
16.8
Ampliar e fortalecer a participación dos países en desenvolvemento nas institucións de goberno mundial.
16.9
Para 2030, proporcionar identidade xurídica para todos, incluíndo rexistro de nacementos.
16.10
Garantir o acceso público á información e protexer as liberdades fundamentais, de conformidade coas leis nacionais e os acordos internacionais.
16.A
Fortalecer as institucións nacionais pertinentes, incluso mediante a cooperación internacional, para crear a tódolos niveiss, particularmente nos países en desenvolvemento, a capacidade de prever a violencia e combater o terrorismo e a delincuencia.
16.B
Promover e aplicar leis e políticas non discriminatorias en favor do desenvolvemento sostible.
Este obxectivo non ten metas localizadas

17. Alianzas para Lograr os Obxectivos

Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

17.1
Fortalecer a mobilización de recursos internos, incluso mediante a prestación de apoio internacional a os países en desenvolvemento, co fin de mellorar a capacidade nacional para recadar ingresos fiscais e doutra índole.
17.2
Velar por que os países desenvolvidos cumpran plenamente os seus compromisos en relación coa asistencia oficial para o desenvolvemento, incluído o compromiso de numerosos países desenvolvidos de alcanzar o obxectivo de destinar o 0,7% do ingreso nacional bruto á asistencia oficial para o desenvolvemento dos países en desenvolvemento e entre o 0,15% e o 0,20% do ingreso nacional bruto á asistencia oficial para o desenvolvemento dos países menos adiantados; aléntase aos provedores de asistencia oficial para o desenvolvemento a que consideren a posibilidade de fixar unha meta para destinar ao menos o 0,20% do ingreso nacional bruto á asistencia oficial para o desenvolvemento dos países menos adiantados.
17.3
Mobilizar recursos financeiros adicionais de múltiples fontes para os países en desenvolvemento.
17.4
Axudar aos países en desenvolvemento a lograr a sostibilidade da débeda a longo prazo con políticas coordinadas orientadas a fomentar a financiación, o alivio e a reestruturación da débeda, segundo proceda, e facer fronte á débeda externa dos países pobres moi endebedados a fin de reducir o endebedamento excesivo.
17.5
Adoptar e aplicar sistemas de promoción das inversións en favor dos países menos adiantados.
17.6
Mellorar a cooperación rexional e internacional Norte-Sur, Sur-Sur e triangular en materia de ciencia, tecnoloxía e innovación e o acceso a estas, e aumentar o intercambio de coñecementos en condiciones mutuamente convidas, incluso mellorando a coordinación entre os mecanismos existentes, en particular a nivel das Nacións Unidas, e mediante un mecanismo mundial de facilitación da tecnoloxía.
17.7
Promover o desenvolvemento de tecnoloxías ecoloxicamente racionais e a súa transferencia, divulgación e difusión aos países en desenvolvemento en condicións favorables, incluso en condicións concesionarias e preferenciais, segundo o convido de mutuo acordo.
17.8
Poñer en pleno funcionamento, a máis tardar en 2017, o banco de tecnoloxía e o mecanismo de apoio á creación de capacidade en materia de ciencia, tecnoloxía e innovación para os países menos adiantados e aumentar a utilización de tecnoloxías instrumentais, en particular a tecnoloxía da información e as comunicacións.
17.9
Aumentar o apoio internacional para realizar actividades de creación de capacidade eficaces e específicas nos países en desenvolvemento a fin de respaldar os plans nacionais de implementación de tódolos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, incluso mediante a cooperación Norte-Sur, Sur-Sur e triangular.
17.10
Promover un sistema de comercio multilateral universal, baseado en normas, aberto, non discriminatorio e equitativo no marco da Organización Mundial do Comercio, incluso mediante a conclusión das negociacións no marco do Programa de Doha para o Desenvolvemento.
17.11
Aumentar significativamente as exportacións dos países en desenvolvemento, en particular con miras a duplicar a participación dos países menos adiantados nas exportacións mundiais de aquí a 2030.
17.12
Lograr a consecución oportuna do acceso a os mercados libre de dereitos e continxentes de maneira duradeira para tódolos países menos adiantados, conforme ás decisións da Organización Mundial do Comercio, incluso velando por que as normas de orixe preferenciais aplicables ás importacións dos países menos adiantados sexan transparentes e sinxelas e contribúan a facilitar o acceso aos mercados.
17.13
Aumentar a estabilidade macroeconómica mundial, incluso mediante a coordinación e coherencia das políticas.
17.14
Mellorar a coherencia das políticas para o desenvolvemento sostible.
17.15
Respectar o marxe normativo e o liderado de cada país para establecer e aplicar políticas de erradicación da pobreza e desenvolvemento sostible.
17.16
Mellorar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible, complementada por alianzas entre múltiples interesados que mobilicen e intercambien coñecementos, especialización, tecnoloxía e recursos financeiros, a fin de apoiar o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en tódolos países, particularmente os países en desenvolvemento.
17.17
Fomentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas pública, público-privada e da sociedade civil, aproveitando a experiencia e as estratexias de obtención de recursos das alianzas.
17.18
De aquí a 2030, mellorar o apoio á creación de capacidade prestado aos países en desenvolvemento, incluídos os países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento, para aumentar significativamente a dispoñibilidade de datos oportunos, fiables e de gran calidade desagregados por ingresos, sexo, idade, raza, orixe étnico, estatus migratorio, discapacidade, situación xeográfica e outras características pertinentes nos contextos nacionais.
17.19
De aquí a 2030, aproveitar as iniciativas existentes para elaborar indicadores que permitan medir os progresos en materia de desenvolvemento sostible e complemento produto interno bruto, e apoiar a creación de capacidade estatística nos países en desenvolvemento.
Este obxectivo non ten metas localizadas