9 Industria, Innovación e Infraestruturas
A industrialización inclusiva e sostible, xunto coa innovación e a infraestrutura, poden dar renda solta ás forzas económicas dinámicas e competitivas que xeran o emprego e os ingresos. Estas desempeñan un papel clave á hora de introducir e promover novas tecnoloxías, facilitar o comercio internacional e permitir o uso eficiente dos recursos.
Sen embargo, aínda queda un largo camiño que recorrer para que o mundo poida aproveitar ao máximo este potencial. En especial, os países menos desenvolvidos necesitan acelerar o desenvolvemento dos seus sectores manufactureiros si desexan conseguir a meta de 2030 e aumentar a inversión en investigación e innovación científicas.
O crecemento do sector manufactureiro a nivel mundial foi diminuíndo constantemente, incluso antes do brote da pandemia da COVID-19. A pandemia está afectando gravemente a as industrias manufactureiras e está provocando alteracións nas cadeas de valor mundiais e no subministro de produtos.
A innovación e o progreso tecnolóxico son claves para descubrir solucións duradeiras para os desafíos económicos e medioambientais, como o aumento da eficiencia enerxética e de recursos. A nivel mundial, a inversión en investigación e desenvolvemento (I+D), como porcentaxe do PIB, aumentou dun 1,5 % no 2000 a un 1,7 % no 2015, e continuou case no mesmo nivel no 2017. Sen embargo, nas rexións en desenvolvemento foi inferior ao 1 %.
En termos de infraestrutura de comunicacións, máis da metade da poboación mundial está agora conectada e case toda a poboación global vive nunha área con cobertura de rede móbil. Estimase que, en 2019, o 96,5 % da poboación tiña cobertura de rede, como mínimo, 2G.