Volver

8 Traballo Decente e Crecemento Económico

Un crecemento económico inclusivo e sostido pode impulsar o progreso, crear empregos decentes para todos e mellorar os estándares de vida.

A COVID-19 alterou miles de millóns de vidas e puxo en perigo a economía mundial. O Fondo Monetario Internacional (FMI) prevé unha recesión mundial tan mala ou peor que a de 2009. A medida que se intensifica a perda de emprego, a Organización Internacional do Traballo estima que cerca da metade de tódolos traballadores a nivel mundial atópanse en risco de perder os seus medios de subsistencia.

Incluso antes do brote da COVID-19, era probable que un de cada cinco países (onde habitan miles de millóns de persoas que viven en situación de pobreza) viran os seus ingresos per cápita estancarse ou reducirse en 2020. A día de hoxe, as perturbacións económicas e financeiras derivadas da COVID-19 (como as alteracións na produción industrial, a caída dos prezos dos produtos básicos, a volatilidade do mercado financeiro e o aumento da inseguridade) están desbaratando o xa de por si tépedo crecemento económico e empeorando os riscos acentuados doutros factores.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
8.1
Manter o crecemento económico per cápita de conformidade coas circunstancias nacionais e, en particular, un crecemento do produto interno bruto de cando menos o 7% anual nos países menos adiantados.
8.2
Lograr niveles máis elevados de produtividade económica mediante a diversificación, a modernización tecnolóxica e a innovación, entre outras cosas centrándose nos sectores con gran valor engadido e un uso intensivo da man de obra.
8.3
Promover políticas orientadas ao desenvolvemento que apoien as actividades produtivas, a creación de postos de traballo decentes, o emprendemento, a creatividade e a innovación, e fomentar a formalización e o crecemento das microempresas e as pequenas e medianas empresas, incluso mediante o acceso a servizos financeiros.
8.4
Mellorar progresivamente, de aquí a 2030, a produción e o consumo eficientes dos recursos mundiais e procurar desvincular o crecemento económico da degradación do medio ambiente, conforme ao Marco Decenal de Programas sobre modalidades de Consumo e Produción Sostibles, empezando polos países desenvolvidos.
8.5
De aquí a 2030, lograr o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para tódalas mulleres e os homes, incluídos os mozos e as persoas con discapacidade, así como a igualdade de remuneración por traballo de igual valor.
8.6
De aquí a 2030, reducir considerablemente a proporción de mozos que non están empregados e non cursan estudios nin reciben capacitación.
8.7
Adoptar medidas inmediatas e eficaces para erradicar o traballo forzoso, poñer fin ás formas contemporáneas de escravitude e a trata de persoas e asegurar a prohibición e eliminación das peores formas de traballo infantil, incluídos o recrutamento e a utilización de nenos soldados, e, de aquí a 2025, poñer fin ao traballo infantil en tódalas súas formas.
8.8
Protexer os dereitos laborais e promover un entorno de traballo seguro e sen riscos para tódolos traballadores, incluídos os traballadores migrantes, en particular as mulleres migrantes e as persoas con empregos precarios.
8.9
De aquí a 2030, elaborar e poñer en práctica políticas encamiñadas a promover un turismo sostible que cree postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais.
8.10
Fortalecer a capacidade das institucións financeiras nacionais para fomentar e ampliar o acceso a os servizos bancarios, financeiros e de seguros para todos.
8.A
Aumentar o apoio á iniciativa de axuda para o comercio nos países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, incluso mediante o Marco Integrado Mellorado para a Asistencia Técnica aos Países Menos Adiantados en Materia de Comercio.
8.B
De aquí a 2020, desenvolver e poñer en marcha unha estratexia mundial para o emprego dos mozos e aplicar o Pacto Mundial para o Emprego da Organización Internacional do Traballo.
Este obxectivo non ten metas localizadas