Volver

6 Auga Limpa e Saneamento

Si ben conseguiuse progresar de maneira substancial á hora de ampliar o acceso a auga potable e saneamento, existen miles de millóns de persoas (principalmente en áreas rurais) que aínda carecen destes servizos básicos. En todo o mundo, unha de cada tres persoas non tnacceso a auga potable salubre, dúas de cada cinco persoas non dispoñen dunha instalación básica destinada a lavarse as mans con auga e xabón, e máis de 673 millóns de persoas aínda defecan ao aire libre.

A pandemia da COVID-19 puxo de manifesto a importancia vital do saneamento, a hixiene e un acceso axeitado a auga limpa para previr e conter as enfermidades. A hixiene de mans salva vidas. De acordo coa Organización Mundial da Saúde, o lavado de mans é unha das accións máis efectivas que se poden facer para reducir a propagación de patóxenos e previr infeccións, incluído o virus da COVID-19. Aínda así, hai miles de millóns de persoas que carecen de acceso a auga salubre e saneamento, e os fondos son insuficientes.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
6.1
De aquí a 2030, lograr o acceso universal e equitativo á auga potable a un prezo alcanzable para todos.
6.2
De aquí a 2030, lograr o acceso a servizos de saneamento e hixiene axeitados e equitativos para todos e poñer fin á defecación ao aire libre, prestando especial atención ás necesidades das mulleres e as nenas e as persoas en situacións de vulnerabilidade.
6.3
De aquí a 2030, mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación, eliminando as verteduras e minimizando a emisión de produtos químicos e materiais perigosos, reducindo á metade a porcentaxe de augas residuais sen tratar e aumentando considerablemente o reciclado e a reutilización sen riscos a nivel mundial.
6.4
De aquí a 2030, aumentar considerablemente o uso eficiente dos recursos hídricos en tódolos sectores e asegurar a sostibilidade da extracción e o abastecemento de auga doce para facer fronte á escaseza de auga e reducir considerablemente o número de persoas que sofren falta de auga.
6.5
De aquí a 2030, implementar a xestión integrada dos recursos hídricos a tódolos niveis, incluso mediante a cooperación transfronteiriza, segundo proceda.
6.6
De aquí a 2030, protexer e restablecer os ecosistemas relacionados coa auga, incluídos os bosques, as montañas, os humedais, os ríos, os acuíferos e os lagos.
6.A
De aquí a 2030, ampliar a cooperación internacional e o apoio prestado aos países en desenvolvemento para a creación de capacidade nactividades e programas relativos á auga e o saneamento, como os de captación de auga, desalinización, uso eficiente dos recursos hídricos, tratamento de augas residuais, reciclado e tecnoloxías de reutilización.
6.B
Apoiar e fortalecer a participación das comunidades locais na mellora da xestión da auga e o saneamento.
Este obxectivo non ten metas localizadas