Volver

4 Educación de Calidade

A educación permite a mobilidade socioeconómica ascendente e é clave para saír da pobreza. Durante a última década, conseguíronse grandes avances á hora de ampliar o acceso á educación e as taxas de matriculación nas escolas en tódolos niveis, especialmente para as nenas. Non obstante, arrededor de 260 millóns de nenos aínda estaban fora da escola en 2018; cerca dunha quinta parte da poboación mundial dese grupo de idade. Ademais, máis da metade de todos os nenos e adolescentes de todo o mundo non están alcanzando os estándares mínimos de competencia en lectura e matemáticas.

En 2020, a medida que a pandemia da COVID-19 se propagaba por todo o planeta, a maior parte dos países anunciaron o peche temporal das escolas, o que afectou a máis do 91 % dos estudantes en todo o mundo. Nabril de 2020, cerca de 1600 millóns de nenos e xoves estaban fora da escola. Igualmente, cerca de 369 millóns de nenos que dependen dos comedores escolares tiveron que buscar outras fontes de nutrición diaria.

Nunca antes estiveran tantos nenos fora da escola ao mesmo tempo, o que altera a súa aprendizaxe e cambia drasticamente as súas vidas, especialmente as dos nenos máis vulnerables e marxinados. A pandemia mundial ten graves consecuencias que poden poñer en perigo os avances que tanto costaron conseguir á hora de mellorar a educación a nivel mundial.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
4.1
De aquí a 2030, asegurar que todas as nenas e todos os nenos terminna ensinanza primaria e secundaria, que debe ser gratuíta, equitativa e de calidade e producir resultados de aprendizaxe pertinentes e efectivos.
4.2
De aquí a 2030, asegurar que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e educación preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para a ensinanza primaria.
4.3
De aquí a 2030, asegurar o acceso igualitario de todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluída a ensinanza universitaria.
4.4
De aquí a 2030, aumentar considerablemente o número de mozos e adultos que teñnas competencias necesarias, en particular técnicas e profesionais, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento.
4.5
De aquí a 2030, eliminar as disparidades de xénero na educación e asegurar o acceso igualitario a tódolos niveis da ensinanza e a formación profesional para as persoas vulnerables, incluídas as persoas con discapacidadee, os pobos indíxenas e os nenos en situacións de vulnerabilidade.
4.6
De aquí a 2030, asegurar que todos os mozos e unha proporción considerable dos adultos, tanto homes como mulleres, estean alfabetizados e teñan nocións elementais de aritmética.
4.7
De aquí a 2030, asegurar que todos os alumnos adquiran os coñecementos teóricos e prácticos precisos para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida sostibles, os dereitos humans, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e a contribución da cultura ao desenvolvemento sostible.
4.A
Construír e adecuar instalacións educativas que teñan en conta as necesidades dos nenos e as persoas con discapacidade e as diferenzas de xénero, e que ofrezan contornas de aprendizaxe seguras, non violentas, inclusivas e eficaces para todos.
4.B
De aquí a 2020, aumentar considerablemente a nivel mundial o número de becas dispoñibles para os países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países africanos, a fin de que os seus estudantes poidan matricularse en programas de ensinanza superior, incluídos programas de formación profesional e programas técnicos, científicos, de enxeñería e de tecnoloxía da información e as comunicacións, de países desenvolvidos e outros países en desenvolvemento.
4.C
De aquí a 2030, aumentar considerablemente a oferta de docentes cualificados, incluso mediante a cooperación internacional para a formación de docentes nos países en desenvolvemento, especialmente os países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento.
Este obxectivo non ten metas localizadas