3 Saúde e Benestar
Garantir unha vida sa e promover o benestar en tódalas idades é esencial para o desenvolvemento sostible.
Actualmente, o mundo enfrontase a unha crisis sanitaria mundial sen precedentes; a COVID-19 está propagando o sufrimento humano, desestabilizando a economía mundial e cambiando drasticamente as vidas de miles de millóns de persoas en todo o mundo.
Antes da pandemia, conseguíronse grandes avances na mellora da saúde de millóns de persoas. En concreto, estes grandes avances acadáronse ao aumentar a esperanza de vida e reducir algunhas das causas de morte comúns asociadas coa mortalidade infantil e materna. Sen embargo, precísanse máis esforzos para erradicar por completo unha gran variedade de enfermidades e abordar un gran número de problemas de saúde, tanto constantes como emerxentes. A través dunha financiación máis eficiente dos sistemas sanitarios, un maior saneamento e hixiene, e un maior acceso ao persoal médico, poderanse conseguir avances significativos á hora de axudar a salvar as vidas de millóns de persoas.
As emerxencias sanitarias, como a derivada da COVID-19, supoñen un risco mundial e demostraron que a preparación é vital. O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento sinalou as grandes diferenzas relativas ás capacidades dos países para lidar coa crise da COVID-19 e recuperarse dela. A pandemia constitúe un punto de inflexión no referente á preparación para as emerxencias sanitarias e a inversión en servizos públicos vitais do século XXI.