Volver

16 Paz, Xustiza e Institucións Sólidas

Os conflitos, a inseguridade, as institucións débiles e o acceso limitado á xustiza continúan supoñendo unha grave ameaza para o desenvolvemento sostible.

O número de persoas que fuxen das guerras, as persecucións e os conflitos superou os 70 millóns en 2018, a cifra máis alta rexistrada pola Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) en case 70 anos.

En 2019, as Nacións Unidas rexistraron 357 asasinatos e 30 desaparicións forzadas de defensores dos dereitos humanos, periodistas e sindicalistas en 47 países.

Por outra banda, os nacementos de arredor de un de cada catro nenos en todo o mundo con menos de 5 anos nunca se rexistran de maneira oficial, o que lles priva dunha proba de identidade legal, que é crucial para a protección dos seus dereitos e para o acceso á xustiza e aos servizos sociais.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
16.1
Reducir significativamente tódalas formas de violencia e as correspondentes taxas de mortalidade en todo o mundo.
16.2
Poñer fin ao maltrato, a explotación, a trata e todas as formas de violencia e tortura contra os nenos.
16.3
Promover o estado de dereito nos planos nacional e internacional e garantir a igualdade de acceso á xustiza para todos.
16.4
Para 2030, reducir significativamente as correntes financeiras e de armas ilícitas, fortalecer la recuperación e devolución de activos roubados e combater tódalas formas de crime organizado.
16.5
Reducir considerablemente a corrupción e o suborno en tódalas súas formas.
16.6
Crear a tódolos niveis institucións eficaces e transparentes que rendan contas.
16.7
Garantir a adopción en tódolos niveis de decisións inclusivas, participativas e representativas que respondan ás necesidades.
16.8
Ampliar e fortalecer a participación dos países en desenvolvemento nas institucións de goberno mundial.
16.9
Para 2030, proporcionar identidade xurídica para todos, incluíndo rexistro de nacementos.
16.10
Garantir o acceso público á información e protexer as liberdades fundamentais, de conformidade coas leis nacionais e os acordos internacionais.
16.A
Fortalecer as institucións nacionais pertinentes, incluso mediante a cooperación internacional, para crear a tódolos niveiss, particularmente nos países en desenvolvemento, a capacidade de prever a violencia e combater o terrorismo e a delincuencia.
16.B
Promover e aplicar leis e políticas non discriminatorias en favor do desenvolvemento sostible.
Este obxectivo non ten metas localizadas