Volver

15 Vida de Ecosistemas Terrestres

O brote da COVID-19 resalta a necesidade de abordar as ameazas ás que se enfrontan as especies silvestres e os ecosistemas.

En 2016, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) alertou de que un aumento mundial das epidemias zoonóticas era motivo de preocupación. En concreto, sinalou que o 75 % de todas as enfermidades infecciosas novas en humanos son zoonóticas e que ditas enfermidades están estreitamente relacionadas coa saúde dos ecosistemas.

«Coa COVID-19, o planeta enviou a súa maior alerta ata a data indicando que a humanidade debe cambiar», explicou a Directora Executiva do PNUMA, Inger Andersen.

En Traballar co medio ambiente para protexer ás persoas, o PNUMA detalla como «reconstruír mellor», mediante unha base científica máis sólida, políticas que contribúan a un planeta máis san e máis inversións verdes.

A resposta do PNUMA ocupase de catro áreas:

  1. Axudar ás nacións a xestionar os ciscallos médicos da COVID-19.
  2. Producir un cambio transformativo para a natureza e as persoas.
  3. Traballar para garantir que os paquetes de recuperación económica creen resiliencia para crises futuras.
  4. Modernizar o goberno ambiental a nivel mundial.

Para prever, deter e reverter a degradación dos ecosistemas de todo o mundo, as Nacións Unidas declarararon a Década para a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030). Esta resposta coordinada a nivel mundial ante a perda e degradación dos hábitats centrarase en desenvolver a vontade e a capacidade políticas para restaurar a relación dos seres humanos coa natureza. Así mesmo, trátase dunha resposta directa ao aviso da ciencia, tal e como se expresa no Informe especial sobre cambio climático e terra do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, ás decisións adoptadas por tódolos Estados Membros das Nacións Unidas nas convencións de Río sobre cambio climático e biodiversidade e a a Convención das Nacións Unidas para a Loita contra a Desertización.

Séguese traballando nun nvo e ambicioso Marco mundial de diversidade biolóxica posterior a 2020.

Mentres o mundo responde á actual pandemia e se recupera dela, precisará dun plan sólido destinado á protección da natureza, de maneira que a natureza poida protexer á humanidade.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
15.1
Para 2030, velar pola conservación, o restablecemento e o uso sostible dos ecosistemas terrestres e os ecosistemas interiores de auga doce e os servizos que proporcionan, en particular os bosques, os humedais, as montañas e as zonas áridas, en consonancia coas obrigas contraídas en virtude de acordos internacionais.
15.2
Para 2030, promover a xestión sostible de tódolos tipos de bosques, poñer fin á deforestación, recuperar os bosques degradados e incrementar a forestación e a reforestación a nivel mundial.
15.3
Para 2030, combater a desertización, restaurando terras e chans degradados, incluíndo terras afectadas pola desertización, secas e inundacións, e loitar para alcanzar un mundo neutral na degradación das terras.
15.4
Para 2030, velar pola conservación dos ecosistemas montañosos, incluída a súa diversidade biolóxica, a fin de mellorar a súa capacidade de proporcionar beneficios esenciais para o desenvolvemento sostible.
15.5
Adoptar medidas urxentes e significativas para reducir a degradación dos hábitats naturais, deter a perda da diversidade biolóxica e, para 2020, protexer as especies ameazadas e evitar a súa extinción.
15.6
Promover a participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización dos recursos xenéticos e promover o acceso axeitado a eses recursos, como se acordou internacionalmente.
15.7
Adoptar medidas urxentes para poñer fin á caza furtiva e o tráfico de especies protexidas de flora e fauna e abordar a demanda e a oferta ilegais de produtos silvestres.
15.8
Para 2030, adoptar medidas para prever a introdución de especies exóticas invasoras e reducir de forma significativa os seus efectos nos ecosistemas terrestres e acuáticos e controlar ou erradicar as especies prioritarias.
15.9
Para 2030, integrar os valores dos ecosistemas e a diversidade biolóxica na planificación nacional e local, os procesos de desenvolvemento, as estratexias de redución da pobreza e a contabilidade.
15.A
Mobilizar e aumentar de maneira significativa os recursos financeiros procedentes de tódalas fontes para conservar e utilizar de forma sostible a diversidade biolóxica e os ecosistemas.
15.B
Mobilizar un volume apreciable de recursos procedentes de tódalas fontes e a tódolos niveis para financiar a xestión forestal sostible e proporcionar incentivos axeitados aos países en desenvolvemento para que promovan dita xestión, en particular con miras á conservación e a reforestación.
15.C
Aumentar o apoio mundial á loita contra a caza furtiva e o tráfico de especies protexidas, en particular aumentando a capacidade das comunidades locais para promover oportunidades de subsistencia sostibles.
Este obxectivo non ten metas localizadas