Volver

13 Acción Polo Clima

O 2019 foi o segundo ano máis caloroso de tódolos tempos e marcou o final da década máis calorosa (2010-2019) que se rexistrou xamais.

Os niveis de dióxido de carbono (CO2) e doutros gases de efecto invernadoiro na atmosfera aumentaron ata niveis récord en 2019.

O cambio climático está afectando a tódolos países de tódolos continentes. Está alterando as economías nacionais e afectando a distintas vidas. Os sistemas meteorolóxicos están cambiando, os niveis do mar están subindo e os fenómenos meteorolóxicos son cada vez máis extremos.

A pesar de que se estima que as emisións de gases de efecto invernadoiro caian arredor dun 6 % en 2020 debido ás restricións de movemento e as recesións económicas derivadas da pandemia da COVID-19, esta mellora é só temporal. O cambio climático non se vai a pausar. Unha vez que a economía mundial comece a recuperarse da pandemia, agardase que as emisións volvan a niveis maiores.

É preciso tomar medidas urxentes para abordar tanto a pandemia como a emerxencia climática co fin de salvar vidas e medios de subsistencia.

O Acordo de París, aprobado en 2015, aspira a reforzar a resposta mundial á ameaza do cambio climático mantendo o aumento global da temperatura durante este século moi por debaixo de 2 graos Celsius con respecto aos niveis preindustriais. O acordo tamén aspira a reforzar a capacidade dos países para lidar cos efectos do cambio climático mediante fluxos financeiros apropiados, un novo marco tecnolóxico e un marco de desenvolvemento da capacidade mellorado.

Temas máis activos

Agora mesmo non hai temas
13.1
Fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación aos riscos relacionados co clima e os desastres naturais en tódolos países.
13.2
Incorporar medidas relativas ao cambio climático nas políticas, estratexias e plans nacionais.
13.3
Mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación a el, a redución dos seus efectos e a alerta temperá.
13.A
Cumplir o compromiso dos países desenvolvidos que son partes na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de lograr para o ano 2030 o obxectivo de mobilizar conxuntamente 100.000 millóns de dólares anuais procedentes de tódalas fontes a fin de atender as necesidades dos países en desenvolvemento respecto da adopción de medidas concretas de mitigación e a transparencia da súa aplicación, e poñer en pleno funcionamento o Fondo Verde para o Clima capitalizándoo o antes posible.
13.B
Promover mecanismos para aumentar a capacidade para a planificación e xestión eficaces en relación co cambio climático nos países menos adiantados e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento, facendo particular fincapé nas mulleres, os mozos e as comunidades locais e marxinadas.
Este obxectivo non ten metas localizadas