12 Produción e Consumo Responsables
O consumo e a produción mundiais (forzas impulsoras da economía mundial) dependen do uso do medio ambiente natural e dos recursos dunha maneira que continúa tendo efectos destrutivos sobre o planeta.
O progreso económico e social conseguido durante o último século estivo acompañado dunha degradación medioambiental que está poñendo en perigo os mesmos sistemas dos que depende o noso desenvolvemento futuro (e certamente, a nosa supervivencia).
Estes son algúns feitos e cifras:
- Cada ano, estimase que un terzo de toda a comida producida (o equivalente a 1300 millóns de toneladas con un valor arredor do billón de dólares) acaba podrecendo nos cubos de lixo dos consumidores e minoristas, o estragándose debido a un transporte e unhas prácticas de recolección deficientes.
- Si todo o mundo cambiase as súas lámpadas por unhas enerxéticamente eficientes, aforraríanse 120 000 millóns de dólares estadounidenses ao año.
- No caso de que a poboación mundial alcance os 9600 millóns de persoas en 2050, poderíase precisar o equivalente a case tres planetas para proporcionar os recursos naturais precisos para manter os estilos de vida actuais.
A pandemia da COVID-19 ofrece aos países a oportunidade de elaborar plans de recuperación que revertan as tendencias actuais e cambien os nosos patróns de consumo e produción cara un futuro máis sostible.
O consumo e a produción sostibles consisten en facer máis e mellor con menos. Tamén se trata de desvincular o crecemento económico da degradación medioambiental, aumentar a eficiencia de recursos e promover estilos de vida sostibles.
O consumo e a produción sostibles tamén poden contribuír de maneira substancial á mitigación da pobreza e á transición car economías verdes e con baixas emisións de carbono.