11 Cidades e Comunidades Sostibles
O mundo cada vez está máis urbanizado. Desde 2007, máis da metade da poboación mundial está vivindo en cidades, e agárdase que dita cantidade aumente ata o 60 % para 2030.
As cidades e as áreas metropolitanas son centros neurálxicos do crecemento económico, xa que contribúen ao 60 % aproximadamente do PIB mundial. Sen embargo, tamén representan arredor do 70 % das emisións de carbono mundiais e máis do 60 % do uso de recursos.
A rápida urbanización está dando como resultado un número crecente de habitantes en barrios pobres, infraestruturas e servizos inadecuados e sobrecargados (como a recollida de residuos e os sistemas de auga e saneamento, estradas e transporte), o cal está empeorando a contaminación do aire e o crecemento urbano incontrolado.
O impacto da COVID-19 será máis devastador nas zonas urbanas pobres e densamente poboadas, especialmente para o mil millón de persoas que vive en asentamentos informais e en barrios marxinais en todo o mundo, onde a masificación tamén dificulta cumprir coas medidas recomendadas, como o distanciamento social e o autoaislamento.
O organismo das Nacións Unidas para os alimentos, a FAO, advertiu de que a fame e as mortes poderían aumentar de maneira significativa nas zonas urbanas que non contan con medidas para garantir que os residentes pobres e vulnerables teñan acceso a alimentos.